Charla “Avanzando á construción do pais”

3 Out 2023

Con motivo da celebración da Semana da Arquitectura, a delegación de Santiago do COAG organiza este encontro no que, co título de “Avanzando á construción do país”, os arquitectos Fernando Blanco e Enrique Rodríguez tratarán o tema da “Industrialización sensible na arquitectura”.

Unha vez finalizada a xornada no salón de actos do Museo do Pobo Galego, remataremos cun pequeno ágape na cafetería do CGAC no que poderemos continuar o debate de xeito máis distendido.

A asistencia e libre e gratuíta, sendo precisa a inscrición a través do seguinte ENLACE.

O tema está moi vencellado á persoa na que este ano recae o recoñecemento profesional de achega á Arquitectura que a delegación de Santiago outorga a aqueles profesionais que, non sendo arquitectos, contribúen co seu ben facer á “Arquitectura para un mundo mellor”.

Nesta ocasión o premio recae en D. Daniel Hermosilla Hermida. Poucas persoas poden responder de forma máis acaída a tal propósito no ámbito galego. CEO do grupo Rodiñas, Hermosilla representa os mellores e máis transversais afáns de coser cultura, técnica e sociedade a calquera escala. Un orgullo para a economía e a industria deste país, contar cun representante da súa altura intelectual e os seus valores persoais e humanos.

A entrega do Premio farase efectiva ao día seguinte, o sábado 7 de outubro, no marco da cea de celebración do Día Mundial da Arquitectura á que convocamos a todos os nosos achegados e que terá lugar no Hotel NH Collection de Santiago a partires das 20:30 horas. Podédesvos inscribir no seguinte enlace: Formulario inscrición CEA SANTIAGO COAG

Compartir