Cea de confraternización da Delegación de Santiago e entrega do recoñecemento profesional de achega á Arquitectura.

28 Set 2023

Con motivo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, desde a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos queremos convocar aos nosos achegados a unha cea de confraternización o sábado 7 de outubro no Hotel NH Collection Santiago situado no Burgo das Nacions en Santiago de Compostela.

Como na ocasión anterior aproveitaremos o evento para facer entrega do recoñecemento profesional de achega á arquitectura “Arquitectura para un mundo mellor”.

O horario previsto é o seguinte:
08:30 pm Recepción e aperitivo
09:30 pm Acto de entrega do recoñecemento a Daniel Hermosilla
10:00 pm Cea

Para unha correcta organización requírese a inscrición cubrindo os datos do formulario así como o envío do xustificante da transferencia do importe da cea antes do día 3 de outubro a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

O importe da cea é de 20€ para os colexiados de Santiago e de 30€ para os acompañantes e outros interesados. O número de conta no que facer o ingreso é o seguinte

ES87 3183 1500 9410 0347 0422

No concepto deberase indicar o NOME DO ASISTENTE seguido de CEA COAG SANTIAGO.

Dado que o aforo é limitado, a inscrición só farase efectiva no momento do pago. En caso de cancelación reembolsarase o pago do 100% do importe si esta se comunica antes do 3 de outubro ao correo: xd.santiago@coag.es

As consultas sobre a organización do evento, poderán remitise a: xd.santiago@coag.es

Animádevos a participar!

Compartir