Carlos Puente – “Catro contos finlandeses”

3 Abr 2024

O vindeiro mércores 10 de abril, ás 19,30 da tarde, contaremos cunha lectura dos “Catro contos finlandeses” que o arquitecto Carlos Puente, medalla de ouro da arquitectura española en 2022, escribiu durante unha estancia recente en Finlandia.

Estes pequenos contos, en que Carlos narra os seus encontros nocturnos con Alvar e Aino Aalto, Tapio Wirkaala, Erik Bryggman e outros personaxes da arte e arquitectura dese país, son unha visión soñadora e chea de humor da cultura finlandesa. Foron publicados recentemente pola editorial portuguesa Karajakivet, https://karajakivet.com/, nunha edición tan sinxela como delicada.

Carlos Puente virá a Santiago, cidade coa que mantén unha relación de lonxe, convidado pola delegación de Santiago do COAG para lernos os contos, coa compañía de música e imaxes.

PONENTE

Carlos Puente

Carlos Puente Fernández, nace en Bilbao en 1944. Obtén o título de arquitecto na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1973.

Desde 1972 ata 1979 traballa como colaborador no estudo de Alejandro da Sota. Entre 1979 e 1990, traballa en asociación con Víctor López Cotelo.

Profesor de proxectos na ETSA de Madrid desde 1996 ao 2009.

En 2008 Arquia publica o seu libro Idas e voltas e en 2020 Käräjäkivet Books publica Four Finnish Stories.

A súa obra construída mereceu diferentes premios e distincións, entre os que destacan:

  • O Premio de Arquitectura do COAM polo Concello de Valdelaguna, en 1990.
  • O Premio García Mercadal do Colexio Oficial de Arquitectos de Aragón pola Biblioteca de Zaragoza en 1990.
  • A Medalla e Diploma “Europa Nostra” da Comunidade Europea á o Restauración do Palacio de Linares en Madrid en 1993.
  • O Diploma Rehabitec do Institut de Tecnologia da Construcció de Catalunya pola Rehabilitación da Casa das Cunchas en Salamanca en 1994.
  • O Premio FIBES – Feira Iberoamericana de Sevilla – á Rehabilitación, pola adaptación da Casa das Cunchas de Salamanca para Biblioteca Pública do Estado en 1994.
  • O Diploma “Europa Nostra” da Comunidade Europea á Restauración da Casa das Cunchas de Salamanca en 1994.
  • O Premio IberFAD “Alejandro da Sota” pola Casa de Cultura de Ciempozuelos (Madrid) en 1996.
  • Medalla de Ouro da Arquitectura do Consello Superior dos Arquitectos de España 2021.

 

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Mércores 10 de abril de 2024

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Colexio de Arquitectos de Galicia, sala do baixo cuberta.
Praza da Quintana, 1. Santiago de Compostela

Compartir