O vindeiro venres 24 de xaneiro, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2024 dos Premios PRÓXIMOS, organizado pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións:
1. LUGAR E HORARIO:
Data: venres, 24 de xaneiro
Hora: 19:00 h
Lugar: Auditorio do Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos, 3, Santiago de
Compostela)
Á finalización do mesmo servirase un pequeno ágape.
2. SOLICITUDE DE ASISTENCIA E RELACIÓN ASISTENTES. os/as interesados/as en asistir ao acto, deberán solicitar a súa asistencia e indicar a relación total de asistentes, cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE (seleccionando a opción «En calidade de interesado/a (non premiado) en asistir á entrega de diplomas») O cal deberase realizar á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 13:00 horas do vindeiro martes 21 de xaneiro.
Dentro de ese prazo, en caso de querer actualizar a relación de asistentes, poderase presentar o mesmo formulario as veces que sexa necesario.
Atentamente,
A Xunta Directiva da Delegación de Santiago