O vindeiro luns 28 de marzo, ás 10,30 horas, terá lugar no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2. A Coruña) este encontro, para dar a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos.
O obxectivo é informar dos requisitos que os beneficiarios de cada axuda deben cumprir, así como dos trámites que deben realizar ante a Xunta para acceder aos incentivos dispoñibles ao abeiro da convocatoria de 2022, tanto dos programas que xa están abertos como daqueles pendentes de publicar a súa convocatoria.
Así, o IGVS dará conta dos programas dispoñibles para fomentar a rehabilitación do parque de vivendas de Galicia. Á maioría están dirixidos aos particulares, pero tamén existen outros que son exclusivamente para os concellos.
Achégate a coñecer polo miúdo todas as axudas de vivenda da Xunta de Galicia e pregunta todas as dúbidas que teñas
Data: luns, 28 de marzo
Hora: 10,30 horas
Lugar: salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña (Rúa Vicente Ferrer, 2 – 15071 A Coruña)
NOTA: Rogamos confirmen asistencia a través do enderezo electrónico actos.cmatv@xunta.gal