Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación

8 Abr 2024

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia convoca a sexta edición deste curso, de 300 horas de especialización, dirixida a profesionais e técnicos/as de rehabilitación e impartirase en modalidade mixta (presencial e online en Aula Virtual) a partir do vindeiro 26 de abril.

O curso, que se impartirá os venres e sábados no Centro de Formación de Santiago (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) da entidade paritaria, representa unha especialización única en Galicia nun dos campos máis en auxe hoxe en día en construción: a rehabilitación. A chegada dos fondos de Recuperación Next Generation EU supuxo un impulso á reforma de edificacións, co obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética e de reducir o seu consumo e emisións xa que, hoxe en día, os edificios representan o 40% do consumo de enerxía final da Unión Europea, segundo a Directiva 2012/27/UE.

Inscrición no curso

Requisitos: Titulación relacionada coa materia ou acreditación da experiencia profesional.

Prazo de inscrición: ata o 19 de abril de 2024.

Custo do curso: 500€

Proceso de admisión: para realizar a matrícula no curso deberá remitir a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) de Fundación Laboral de la Construcción a seguinte documentación:

  • Ficha de inscripción.
  • Currículum Vítae.
  • Copia do D.N.I.
  • Copia da titulación relacionada ou vida laboral. No caso dos estudantes de último ano poderán remitir copia da matrícula do centro de estudos.
  • Xustificante bancario correspondente ao pago do curso (n.º de conta (BBVA): ES18 0182 5947 180011500028
    *É necesario que no concepto figure o seguinte texto: Concepto: CEGOR – DNI alumno)

 

A admisión no curso realizarase por rigurosa orde de inscrición, sempre e cando se cumpra cos requisitos esixidos e se presente a documentación indicada.

MÁIS INFORMACIÓN.

Compartir