Novo servizo de asesoramento técnico especializado en DB-HE e eficiencia enerxética

29 Abril 2022

A partires do próximo día 2 de maio, o COAG pon a disposición dos colexiados un novo ámbito de asesoramento técnico especializado en DB-HE e eficiencia enerxética.
Todos os colexiados poderán acceder a este novo servizo de forma gratuíta a través do panel de consultas da web do COAG [+enlace].

Este novo servizo de asesoramento enmárcase dentro do conxunto de accións e servizos encamiñados a apoiar aos arquitectos no seu desempeño profesional para levar a cabo as actuacións derivadas dos diferentes programas de axuda á rehabilitación desenvolvidos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O seu obxectivo e finalidade é dar resposta a cuestións relacionadas co cumprimento do DB-HE e eficiencia enerxética:

  • Criterios para mellora da eficiencia enerxética dos edificios.
  • Criterios para o cumprimento para Klim (HE1) e consumo de enerxía primaria (HE0).
  • Criterios de aplicación de HE0, HE1 e RD390/2021

Este servizo non inclúe en asesoramento en materiais ou produtos, nin en programas informáticos para verificación do cumprimento desta esixencia nin para a certificación enerxética de edificacións.
Cada colexiado dispón de 20 consultas/ano en materia de DB-HE e eficiencia enerxética.

 

 

 

 

Compartir