O pasado mércores 12 de xuño, foi presentado na EGAP pola Dirección Xeral de Urbanismo, o novo PORTAL DE TERRITORIO E URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA.
Dispoñible nunha única dirección de acceso, contén ademais da lexislación urbanística consolidada de Galicia, a planimetría urbanística asociada ao SIOTUGA e ao REXISTRO DE PLANEAMENTO galego, o PLAN BÁSICO AUTONÓMICO, o PLAN DO LITORAL, así como a NOVA LEI DE ORDENACIÓN INTEGRADA DO LITORAL, cos seus visores, os INFORMES DA XUNTA CONSULTIVA, cun buscador por palabras, así como forma e procedemento de realizalo, tamén as NORMAS TÉCNICAS DE PLANEAMENTO, e demais ligazóns de interese.
Enlace ao portal: https://territorioeurbanismo.xunta.gal