Kit dixital: axudas para a dixitalización

30 Nov 2022

Dentro do Programa “Acelera Pyme” do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, incluese a iniciativa “Kit digital” que ten por obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital. Lémbrase esta información polo seu interese para os estudos de arquitectura, xa que as axudas estás destinadas a pequenas e medianas empresas.

A información sobre estás axudas está dispoñible no seguinte enlace:

https://acelerapyme.gob.es/en/kit-digital

Aqueles estudos que cumplan coas condicións establecidas nas bases da convocatoria das axudas, poderán dispoñer dun bono dixital que lles permitirá acceder ás soluciones de dixitalización.

Para solicitar o bono dixital, será preciso rexistrarse na área privada da súa web e completar o test de diagnóstico dixital. Unha vez feito, poderase consultar a información das soluciones de dixitalización dispoñibles. Logo, deberase acceder aos trámites para solicitar o bono Kit Digital en función do número de empregados que teña o estudo.

Unha vez confirmada a concesión do bono dixital, poderás emplealo escollendo unha ou varias solucións de dixitalización ofrecidas polos Axentes Dixitalizadores autorizados para desenvolver os servizos do catálogo.

Por último, indícase que é moi habitual recibir correo publicitarios de empresas que ofertan servizos dixitais, que xa están rexistradas como axente dixitalizadores, ofrecendo os seus servizos e colaborando cos clientes na tramitación das axudas.

Ademáis de na web indicada, pódese obter máis información en:

Correo electrónico de consultas: info@acelerapyme.gob.es

Compartir