Presentación do libro “A vida entre a madeira. Cen anos de historia dos taboleiros derivados da madeira en España”

24 Marzo 2022

O CMD, en colaboración coa Fundacion Eduardo Pondal, presentará na sede desta última, o vindeiro 1 de abril, a partir das 17:00 horas, o libro “A vida entre a #madeira: cen anos de historia dos taboleiros derivados da madeira en España”, editado coa colaboración de XERA Axencia Galega da Industria Forestal e obra de Jaime Bermúdez, figura de referencia do sector da madeira en España e clave no desenvolvemento do mesmo.

Ao termo, os asistentes poderán compartir un coloquio co autor da obra para poñer en común curiosidades e inquedanzas.

Por cuestión de aforo, cómpre inscribirse antes do 29 de marzo:
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSejXAaEnQWYw1…/viewform

 

Compartir