Recomendacións para a aplicación da Orde Ministerial TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Documento Técnico de Condicións Básicas de Accesibilidade e Non Discriminación para o Acceso e a Utilización dos Espazos Públicos Urbanizados.
O 6 de agosto de 2021 publicouse no Boletín Oficial do Estado esta Orde Ministerial, que derroga de maneira íntegra a anterior Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro, do mesmo título, está vixente desde o dous de xaneiro de dous mil vinte e dous, e caracterízase por ter unha natureza eminentemente técnica, que aconsella o acompañamento dunha Guía.
A Guía de accesibilidade nos espazos públicos urbanizados é, por tanto, un documento que trata de mellorar a comprensión dos seus contidos e que axudará, sen dúbida, a unha aplicación da Orde o máis uniforme e efectiva posible. A Guía tamén achega aclaracións e exemplos que desexan facilitar as decisións para adoptar por quen ten que aplicala.
Enlace: https://cdn.mitma.gob.es/portal-web-drupal/estudios_y_publicaciones/guia_accesibilidad.pdf