Os premios “Gran de Area de aportación a Arquitectura” son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.
A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura e posible e próxima. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.
Os premios “Gran de Area de aportación á Arquitectura” pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.
Este ano son 56 propostas, de moi diversas escalas e localizacións, as presentadas. Con máis motivo, e polo seguro esforzo redobrado dos participantes, por alcanzar os obxectivos ante as limitacións, son estas propostas unha oportuna reivindicación da profesión e da arquitectura na nosa contorna.
Candidaturas presentadas
Pódese acceder á documentación completa de todas as candidaturas presentadas, así como aos premiados a través do seguinte enlace:
Composición do xurado e fallo
O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas:
-
- Antonio Davila Alonso, Presidente da delegación de Vigo do COAG.
- Manuel Abelleira Argibay, Presidente da delegación de Pontevedra do COAG.
- Alberto de Paula Prieto, Presidente da delegación en Ourense do COAG
- Marta Vilas Rodríguez, colexiada da Delegación de Vigo seleccionada por la Xunta Directiva de Vigo.
- Paula Alfonso Laya, colexiada da Delegación de Pontevedra seleccionada por la Xunta Directiva de Pontevedra.
- Mónica Rúa Ferreño, colexiada da Delegación de Ourense seleccionada por la Xunta Directiva de Ourense
- Severo Fernández Castro, colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior, consensuado polas tres Delegacións.
- María Mariño de Oya, secretaria da delegación de Vigo do COAG, que actúa como secretaria do xurado, con voz pero sen voto.
O xurado selecciona como premiados 12 proxectos, non outorgándolles orde nin prevalenza no fallo, considerando todos eles premiados no mesmo rango e valoración:
Título proxecto | Arquitectos/as |
REFORMA VIVIENDA2001 Rúa A Estrada 28, 04‐B 36004 Pontevedra |
MARIA GRACIA AMANDI JOGLAR (3085) |
REHABILITACIÓN DEL ANTIGUO HOSPITAL ESPIRITU SANCTI CON DESTINO A BIBLIOTECA Y ARCHIVO HISTÓRICO Rúa Manuel Valverde 6, 36300 Baiona, Pontevedra |
CLARA MURADO | JUAN ELVIRA | MURADO & ELVIRA ARQUITECTOS |
NAVE INDUSTRIAL Montes de Barxa (Porto do Molle Parcelas 6.04+6.05) Nigrán |
LEOPOLDO ALONSO-LAMBERTI CASUSO (2582) |
ESCUELA INFANTIL A BAIUCA A Estrada. Pontevedra |
ABALO ALONSO ARQUITECTOS. ELIZABETH ABALO, GONZALO ALONSO, FRANCISCO GONZÁLEZ VARELA |
EDIFICIO DE OFICINAS EXLABESA Lugar de Campaña S/N Valga |
ALBERTO QUINTANS ARRONDO (2924) | CRISTINA MARGARITA ANSEDE VIZ (3010) |
VIVIENDA UNIFAMILIAR Tibiás S/N Pereiro de Aguiar |
RAFAEL CASTRO ARMESTO (2933) | SANDRA GONZALEZ RODRIGUEZ (2945) | DOUSDE ARQUITECTURA, SLP (20094) |
PELUQUERÍA SONIA PORTELA Praza Augusto García Sánchez, 19 Bajo 4 4 Bajo |
ANA MONTEAGUDO GARCIA (12121) WENCESLAO LOPEZ VELASCO (4097) |
REHABILITACION PARCIAL DE EDIFCIO DE VIVENDAS Ronda de Don Bosco 20 Vigo |
FRANCISCO JAVIER VAZQUEZ FERNANDEZ (2370) | PERFECTO CENDON DOMINGUEZ (2446) | CENDON‐VAZQUEZ ARQUITECTOS, SCP (20182) |
RESTAURACIÓN DA PORTADA NORTE DO CRUCEIRO DA CATEDRAL DE OURENSE Catedral de San Martiño de Ourense _ Rúa Juan de Austria _ Ourense |
MANUEL SEOANE FEIJOO (1212) | SONIA LÓPEZ CALVO (3040) |
TABERNA MORROFINO Vigo |
IAGO FERNÁNDEZ PENEDO | ÓSCAR FUERTES DOPICO |
REHABILITACIÓN DE VIVIENDA Travesía Oliveira 2a 6 Vigo |
MARIA PILAR GONZALEZ FERRO (3087) | JORDI CASTRO ANDRADE (3210) |
ACONDICIONAMIENTO DE NAVE PARA OFICINAS MARÍTIMO PESQUERAS Dársena 2 ‐ Puerto de Vigo |
JORDI CASTRO ANDRADE | MARÍA GONZÁLEZ FERRO |
A acta da reunión do xurado pódese consultar a continuación.