Habilitada a plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025

14 maio 2025

Tal e como se anuncia na Circular 7 2025, o pasado 30 de abril saíu publicado no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025.

Toda vez que na base terceira do seu Anexo I, establécese que a presentación das candidaturas serán feitas polas entidades con representación no xurado, a Xunta de Goberno na súa sesión 8/2025 de 8 de maio adoptou o acordou de establecer un procedemento para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, fixando un prazo límite de entrega. Todas as propostas que se reciban, sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria e do procedemento, serán presentadas como propostas aos premios por parte do COAG.

Conforme ao anterior, establecese un procedemento previo colexial para optar a ditos premios segundo as seguintes CONDICIÓNS:

  1. Modalidade de premios e mencións.

Conforme ao indicado na RESOLUCIÓN da Xunta de Galicia indicada, establécense as seguintes modalidades de premios:

  • Premio galego de arquitectura: os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal, con un premio: 7.000,00 €
  • Premio galego de rehabilitación: as edificacións rehabilitadas relativas a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente, con un premio de 7.000,00 €.
  • Premio especial á sustentabilidade. O xurado poderá outorgar premios na categoría especial de Sustentabilidade, referente a aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras, con un premio de 7.000,00 €.

 

O prazo de presentación rematará ás 12:00 horas do 30 de maio (actualizada a data).

As propostas deberán ser achegadas a través da web do COAG, a través da plataforma online de Premios:

[+ enlace á plataforma de presentación]

Compartir