Premios Arquitectura e Rehabilitación 2018. Recordatorio fin de prazo o 4 de xuño e comunicación prazo corrección propostas presentadas.

1 xuñ 2018

Lémbrase que conforme ao indicado nas circulares 10/2018 e 12/2018 o vindeiro 4 de xuño ás 23:59 horas remata o prazo para a presentación de propostas Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2018

Por outra parte, unha vez finalizado o prazo de presentación e revisada a documentación das propostas, habilitarase un prazo subsanación de propostas presentadas, polo cal dende o Colexio poderase requirir a corrección de documentación errónea ou incompleta, sempre en referencia a propostas presentadas en prazo e que inclúan a maioría da documentación requirida. En todo caso, o prazo para realizar ditas correccións será ata as 13:00 horas do martes 5 de xuño.

As propostas deberán ser achegadas a través da web do COAG, conforme ás indicacións recollidas na circular 12/2018, a través da plataforma online de xestión de Premios, no seguinte enlace:

http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

Recomendacións sobre a presentación de propostas na plataforma web

Por outra parte, para evitar os problemas derivados da acumulación de usuario subindo á plataforma a documentación das súas propostas nas últimas horas de prazo, recoméndase aos interesados en participar que procedan a subir a documentación de modo progresivo, a medida que a teñan elaborada e non toda dunha vez. Lémbrase que a plataforma permite engadir e modificar os documentos incluídos na proposta, dentro de prazo de presentación.

Prazo subsanación de propostas presentadas

Unha vez finalizado o prazo de presentación e revisada a documentación das propostas, dende o Colexio poderase requirir a corrección de documentación errónea ou incompleta, sempre en referencia a propostas presentadas en prazo e que inclúan a maioría da documentación requirida. En todo caso, o prazo para realizar ditas correccións será ata as 13:00 horas do martes 5 de xuño.

CONSULTAS E RECLAMACIÓNS: as consultas e reclamacións sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE

Compartir