Premio Carlos Casares-Kristina Berg ao Talento Activo

0
Posted by / 19 mayo 2020 / Categories: Noticias, Premios, Publicada en Portada / -

A Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Casares convocan esta iniciativa para recoñecer o talento emerxente dunha persoa e axudar no desenvolvemento dese talento dentro dun proxecto vital interesante e prometedor.

Por causa da crise da COVID-19 e do estado de alarma, a Deputación de Ourense e a Fundación Carlos Casares amplían ata o vindeiro 15 de outubro o prazo de presentación de candidaturas a este Premio. Entre as áreas de coñecemento a onde vai dirixido atópanse a Arquitectura e o Urbanismo.

O ámbito territorial da convocatoria é Galicia, podendo ser candidato calquera persoa natural ou residente na Comunidade Autónoma de Galicia, que teña demostrado o seu talento previamente nalgunha das áreas de coñecemento, ben cun traballo publicado ou inédito, ben coa realización dunha obra ou iniciativa orixinal, que estea rematada ou en marcha.

O premio ten unha dotación económica de 10.000 euros, que servirán para cubrir calquera gasto que axude ao desenvolvemento da carreira da persoa premiada, que poderá investilos no desenvolvemento dun proxecto, novo ou en marcha; en formación, sexan matrículas, estadías, material, etc.; tamén como axuda para a conciliación familiar. Ademais, o premiado recibirá un diploma acreditativo do galardón e unha escultura conmemorativa do premio.

As persoas que desexen concorrer a este premio deberán reunir os seguintes requisitos: ser natural da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter residido nela durante a metade da súa formación académica, ou durante un mínimo de tres anos da súa carreira profesional; ter menos de 36 anos; non ter recibido o premio en convocatorias anteriores, e demostrar actividade relevante nalgunha das áreas de coñecemento detalladas na convocatoria.

Máis información.


Premio Carlos Casares-Kristina Berg al Talento Activo

Por causa de la crisis del COVID-19 y del estado de alarma, la Diputación de Ourense y la Fundación Carlos Casares amplían hasta el próximo 15 de octubre el plazo de presentación de candidaturas a este Premio. Entre las áreas de conocimiento a donde va dirigido se encuentran la Arquitectura y el Urbanismo.

El ámbito territorial de la convocatoria es Galicia, pudiendo ser candidato cualquier persona natural o residente en la Comunidad Autónoma de Galicia, que haya demostrado su talento previamente en alguna de las áreas de conocimiento, bien con un trabajo publicado o inédito, bien con la realización de una obra o iniciativa original, que esté finalizada o en marcha.

El premio tiene una dotación económica de 10.000 euros, que servirán para cubrir cualquier gasto que ayude al desarrollo de la carrera de la persona premiada, que podrá invertirlos en el desarrollo de un proyecto, nuevo o en marcha; en formación, sean matrículas, estadías, material, etc.; también como ayuda para la conciliación familiar. Además, el premiado recibirá un diploma acreditativo del galardón y una escultura conmemorativa del premio.

Las personas que deseen concurrir la este premio deberán reunir los siguientes requisitos: ser natural de la Comunidad Autónoma de Galicia o haber residido en ella durante la mitad de su formación académica, o durante un mínimo de tres años de su carrera profesional; tener menos de 36 años; no haber recibido el premio en convocatorias anteriores, y demostrar actividad relevante en alguna de las áreas de conocimiento detalladas en la convocatoria.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube