O COAG, por iniciativa da súa Delegación de Pontevedra, organiza o vindeiro luns 29 de abril a presentación do Hangar Indra no Aeródromo das Rozas en Lugo, do arquitecto César Portela, que terá lugar na sala de conferencias da Casa das Campás, situada na rúa Don Filiberto nº 9, en Pontevedra, ás 19:00 horas.
A presentación correrá a cargo de Cesar Portela Fernández Jardón, arquitecto autor do proxecto e Daniel Hermosilla Hermida de Rodiñas.
Quizais esta sexa a obra que mellor representa a filosofía de Rodiñas respecto á prefabricación. É dicir, realizar unha obra de maneira prefabricada en toda a súa totalidade, por singular que sexa, utilizando para iso solucións e tecnoloxías pouco habituais.
Obra: Hangar para o Aeródromo das Rozas en Lugo
Cliente: A2
Propiedade: Indra
Arquitecto: César Portela
Ano de execución: 2023
Entregarase un exemplar da publicación Hangrar Indra aos asistentes.
Para unha mellor organización do acto, prégase confirmación de asistencia no seguinte enlace, antes das 14:00 h do día 29 de abril: ENLACE
A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG