A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza, co gallo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, unha viaxe a Oporto o vindeiro venres 31 de outubro, co obxectivo de visitar dúas destacadas exposicións dedicadas á arquitectura contemporánea e moderna:
● Fundación Serralves: exposición Aalto
● Casa da Arquitectura: exposición Kengo Kuma: Onomatopeia
PROGRAMA DA XORNADA
- 09:00 h – Saída en autobús desde Pontevedra (Capela de San Roque)
- 10:30 h (hora local portuguesa) – Visita guiada á exposición Aalto, dedicada á obra do mestre finlandés Alvar Aalto. A visita será guiada polo arquitecto António Choupina, comisario da exposición. A entrada á Fundación Serralves (24 €) está bonificada pola propia fundación como xesto de fraternidade co COAG.
- 13:30 h – Xantar. Está a xestionarse a opción de xantar en grupo. Custe aproximado 30/40€ por persoa (opcional a pagar no establecemento).
- 16:00 h – Visita á Casa da Arquitectura para coñecer a exposición Kengo Kuma: Onomatopeia. A visita é opcional, custe 10€ a pagar no establecemento.
- 19:00 h (hora local portuguesa) – Regreso a Pontevedra
CUSTE DA VIAXE
● Colexiados: 10€
● Acompañantes: 20€
INSCRICIÓNS
● Data límite: mércores 29 de outubro ás 14:00 h
● Pechado o formulario.
No formulario de inscrición deberase indicar se se desexa reservar a opción de participar no xantar en grupo e a visita á Casa da Arquitectura.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra
