Día Mundial da Arquitectura 2022 – Previsión de actos da Delegación en Pontevedra do COAG

3 Out 2022

A Delegación en Pontevedra do COAG quere este ano celebrar o Día Mundial da Arquitectura que conmemorase este luns 3 de outubro baixo o lema “Arquitectura para o benestar” en torno a unha serie de actos que pretenden achegar a influencia da arquitectura nas condicións de vida da sociedade.

As accións con diferentes formatos e enfoques diríxense a toda a cidadanía,  achegándonse, especialmente nesta ocasión, á singular percepción do seu entorno próximo por parte da infancia.

Co fin de acadar este obxectivo deseñáronse as siguientes actividades ás que quedan convidados e convidadas á participar todas as persoas colexiadas da nosa da Delegación e cidadanía en xeral:

– Exposición sobre as Obras Galegas Premiadas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, e que será visitable do 3 de outubro ó 3 de novembro no espazo do primeiro  andar no edificio do Mercado de Pontevedra.

A inauguración será este luns 3 de outubro ás 18:00h no primeiro andar do Mercado Municipal de Pontevedra, coa asistencia de diversas autoridades locais, provinciais e autonómicas, e no que lerase un manifiesto do Día Mundial da Arquitectura por parte do Presidente da Delegación en Pontevedra do COAG, Anselmo Villanueva Peón.

Compartir