A Xunta Directiva da Delegación de Pontevedra organiza un cocido o vindeiro venres, 21 de marzo, ás 14:30 horas, no restaurante “Eira de Vilariño”, en Forcarei, para estreitar lazos e pasar unha agradable xornada entre compañeiras e compañeiros.
Menú:
- Sopa de cocido
- Cocido completo con todas as carnes
- Filloas e leite frita
- Café e licores
- Bodega a cargo do sumiller
Importe: 30€ / persoa (admítense acompañantes non colexiados).
Para asistir é preciso reservar no seguinte FORMULARIO.
Data límite de inscrición: luns, 17 de marzo, ás 23:59 h.
O aforo é limitado a 37 persoas, polo que as reservas outorgaranse por orde de rexistro.
Agardámoste!
A Xunta Directiva da Delegación de Pontevedra.