3ª sesión_ IV Triálogos de Arquitectura

27 Xan 2023

O martes 31 de xaneiro terá lugar a 3ª sesión das xornadas de IV Triálogos de Arquitectura na Delegación en Pontevedra do COAG. Unha oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver os e as profesionais da arquitectura da nosa Delegación.

Nestes IV Triálogos, 9 estudios de compañeiros e compañeiras participan en tres sesións amosando obras que incorporen o concepto da “Casa Sá”. En cada sesión cada estudio adicará un máximo de 20 minutos a explicar un máximo de dúas obras favorecendo así un tempo final para a celebración dun pequeno debate entre os tres e co público asistente.

A terceira destas sesións desenvolverase este martes día 31 de xaneiro de 19:30h a 21:30h na sala de conferencias do segundo andar da Casa das Campás, e participarán os estudios de Estevegonzalez Arquitectos, Paula Alfonso Laya, Arquitecta e EB Arquitectos.

A entrada será de balde e aberta a todo o público.

Compartir