O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é unha organización que, na súa aposta pola mellora continua, implantou un sistema de aseguramento da calidade. Neste sentido, a Política de Calidade da organización colexial ten como obxectivo principal aliñar o funcionamento interno e os servizos da organización colexial cos obxectivos estratéxicos establecidos desde os Órganos de Goberno, establecendo como elementos necesarios para a mellora continua nos servizos que se prestan ao colexiado a optimización e innovación na xestión e o uso intensivo das Tecnoloxías de Información e Comunicacións, coa consecuente mellora da produtividade e optimización do uso de recursos, así como a mellora continua dos servizos prestados ao colexiado, en particular, e á sociedade, en xeral.
A Política de Calidade é de obrigado cumprimento para todo o persoal da organización colexial e comunícase a todas as persoas que traballan para a organización ou en nome da mesma, estando a disposición de todo aquel que o requira así como para o público en xeral. A dirección da organización colexial revisará anualmente a política de Xestión, para asegurarse que segue sendo pertinente e apropiada, e proporá obxectivos e metas viables para despregar esta política, co propósito de mellorar constantemente o servizo.