Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023. Recordamos que o prazo de solicitudes remata ás 23,59 h. do día 30 de setembro de 2023.
Estas axudas están dirixidas aos colexiados/as do COAG que estean en plenitude dos seus dereitos e que figuren inscritos na Agrupación na data da presente convocatoria e consistirán no abono do importe total da inscrición nas XIV Xornadas, na modalidade Plena por un importe de 260 euros.
A axuda sufraga a cota de inscrición plena, que inclúe:
- Acreditación.
- Pausas-café.
- Xantares os días 9 e 10 de novembro.
- Documentación do congresista.
- Impostos
Para solicitar as axudas, previamente é preciso que o solicitante realice a súa inscrición (na modalidade Plena, o importe son 260 euros) nas XIV Xornadas conforme ás indicacións referidas na seguinte LIGAZÓN
Unha vez realizada e abonada dita inscrición, a solicitude da axuda económica deberá realizarse, achegando o xustificante de pago da inscrición, a través do seguinte FORMULARIO.
Unha vez recibida a solicitude, confirmarase a concesión da axuda.
Para beneficiarse da axuda concedida, é requisito indispensable acudir ás Xornadas. En caso contrario, a axuda deberá ser reintegrada.