Tal e como se anuncia na Circular 17 2021,  o vindeiro venres 19 de novembro ás 13:59 h., remata o prazo para solicitar formar parte da Guía de Peritos Xudiciais da Unión Profesional de Galicia.

A Unión Profesional de Galicia elabora cada ano unha GUÍA DE PERITOS XUDICIAIS DA UNIÓN PROFESIONAL DE GALICIA, na que se recollen os datos daqueles profesionais que actúan como peritos xudiciais no ámbito da comunidade autónoma. Con eses datos elaborarase unha publicación en formato papel e dixital, que se facilitará aos distintos órganos xudiciais de Galicia, cos datos dos peritos xudiciais das profesións que integran a Unión Profesional, como son arquitectos, aparelladores, médicos, químicos, enxeñeiros, etc…

A inscrición nesta Guía é voluntaria, polo que os colexiados interesados en ser incluídos na mesma, deberán indicalo expresamente ao realizar a inscrición na lista de peritos xudiciais do Colexio e, de ser así, a solicitude implicará o consentimento explícito polo colexiado para a cesión de datos á Unión Profesional de Galicia para que esta os inclúa na devandita Guía para a súa difusión entre as administracións e demais interesados. En caso de solicitar a incorporación á Guía, figurarán nas especialidades e nos ámbitos provinciais escollidos.

Máis información na Circular 17 2021.