Axudas da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG para a asistencia ás XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE – “El perito arquitecto dentro del proceso judicial”

6 Set 2023

Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para os integrantes da Agrupación que dexesen inscribirse nas XIV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Avilés os días 9, 10 e 11 de novembro de 2023 .

Estas axudas están dirixidas aos colexiados/as do COAG que estean en plenitude dos seus dereitos e que figuren inscritos na Agrupación na data da presente convocatoria e consistirán no abono do importe total da inscrición nas XIV Xornadas, na modalidade Plena por un importe de 260 euros.

A axuda sufraga a cota de inscrición plena, que inclúe:

  • Acreditación.
  • Pausas-café.
  • Xantares os días 9 e 10 de novembro.
  • Documentación do congresista.
  • Impostos

Para solicitar as axudas, previamente é preciso que o solicitante realice a súa inscrición (na modalidade Plena, o importe son 260 euros) nas XIV Xornadas conforme ás indicacións referidas na seguinte LIGAZÓN

Unha vez realizada e abonada dita inscrición, a solicitude da axuda económica deberá realizarse, achegando o xustificante de pago da inscrición, a través do seguinte FORMULARIO.

Unha vez recibida a solicitude, confirmarase a concesión da axuda.

Para beneficiarse da axuda concedida, é requisito indispensable acudir ás Xornadas. En caso contrario, a axuda deberá ser reintegrada.

O prazo de solicitudes finaliza ás 23,59 h. do día 30 de setembro de 2023.

Compartir