Charla sobre Vivenda unifamiliar en Pontevedra · Luis Gil Pita.
Dende hoxe queda aberto o prazo de inscrición para a segunda xornada do ciclo Visitando GDA [2023] que terá lugar o próximo luns 27 de maio, na que asistiremos a unha charla impartida por Luis Gil Pita, autor do proxecto de reestructuración dunha vivienda unifamiliar situada en Pontevedra, onde nos debullará todos os pormenores da obra. Nesta ocasión non será posible realizar a visita á vivenda.
Data: luns 27 de maio
Hora: 19:00 horas
Lugar de celebración: Casa das Campás (rúa Don Filiberto nº 9, Pontevedra)
Ao finalizar o acto, compartiremos uns petiscos.
A charla é aberta ao público, pero para unha mellor organización é preciso confirmar a asistencia na seguinte ligazón antes das 14:00 horas do día 27 de maio.
A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG