Últimos días de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2022

14 Set 2022

Infórmase do remate do prazo, dentro da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2022», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 22 de setembro.

As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

As bases pódense consultar no seguinte ENLACE

A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

Compartir