Remate do prazo de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023

22 Set 2023

Infórmase que o prazo para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», rematará ás 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.

As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

As bases pódense consultar no seguinte ENLACE

A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

Compartir