O vindeiro xoves día 5 de outubro, a partir das 18:00 h. e coincidindo coa delebración do Día Mundial de la Arquitectura, baixo o lema “ARQUITECTURA PARA COMUNIDADES RESILIENTES”, desenvolvermos unha xornada de portas abertas á que invitamos a tódolos compañeiros da delegación de Ourense.
A xornada se desenvolverá en dúas partes:
- Ás 18:00 horas, e co obxectivo de crear un espazo común onde compartir as experiencias dos máis novos, convidamos a todos os nosos novos compañeiros, a realizar un encontro informal no que podamos abordar temas do voso interese, a incorporación ao mundo laboral, as relacións coa administración Pública e clientes, un espazo que axude a tecer redes colaborativas entre os profesionais desta provincia, así como todos aqueles aspectos que desde o COAG se poidan mellorar para a incorporación dos máis novos á profesión.
- -Ás 19:30 horas, e no marco da celebración do 50 Aniversario do COAG, faremos unha retrospectiva do traballo realizado pola nosa Delegación ao longo destes 50 anos, mediante a creación dunha mesa redonda, á que asistirán algúns dos presidentes que guiaron a nosa Delegación neste medio século de Colexio, conversaremos sobre a fundación do COAG nas súas orixes, as diferentes problemáticas de cada época, as experiencias de cada un traballando polo colectivo, coa fin de extraer conclusións e definir como debería ser o COAG do futuro, como ser máis útiles ao colectivo, á sociedade e á arquitectura.
- Por último, finalizaremos a xornada cun viño para que nos podamos coñecer, charlar e seguir facendo unha delegación máis forte para o futuro que nos espera.
Vos esperamos a todos.