Continuamos coa cuarta edición do ciclo de charlas “Arquitecturas Ourensás” nas que, como de costume, descubrimos a arquitectura da provincia da man dos nosos compañeiros e das súas obras. Nesta ocasión, teremos con nós a Pablo López Prol de PLP Atelier, para amosarnos a súa arquitectura.
Ao remate das charlas seguiremos a falar do que máis nos gusta, por suposto a arquitectura, acompañados duns petiscos.
Agardámosvos a todos para seguir facendo Colexio.
A Xunta Directiva da Delegación de Ourense