Apertura da plataforma de presentación de candidaturas aos Premios Gran de Area 2023

30 Ago 2023

Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2023», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 28 de setembro de 2023.

As Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense convocan unha nova edición dos Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais doutros axentes participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

As bases pódense consultar no seguinte ENLACE

A presentación das candidaturas deberá realizarse a través de: http://www.coag.es/premioscoag/candidaturas

 

Compartir