Acto de entrega de diplomas aos premiados da edición 2022 dos premios Gran de Area

22 Mar 2023

O vindeiro sábado 25 de marzo, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2022 dos Premios Gran de Area, organizado polas Delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións:

1. LUGAR E HORARIO:
Data: sábado, 25 de marzo
Hora: 19:00 h
Lugar: Auditorio Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo (Rua Miraflores, 3)

Á finalización do mesmo servirase un pequeno ágape.

2. SOLICITUDE DE ASISTENCIA E RELACIÓN ASISTENTES. os/as interesados/as en asistir ao acto, deberán solicitar a súa asistencia e indicar a relación total de asistentes, cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE (seleccionando a opción “En calidade de interesado/a (non premiado) en asistir á entrega de diplomas”) O cal deberase realizar á maior brevidade posible e, en todo caso, antes das 13:00 horas do vindeiro xoves 23 de marzo. Dentro de ese prazo, en caso de querer actualizar a relación de asistentes, poderase presentar o mesmo formulario as veces que sexa necesario.

Atentamente,

As Xunta Directivas das Delegación de Ourense, Pontevedra e Vigo

Compartir