O vindeiro venres 21 haberá unha xornada centrada na historia pasada, presente e futura do pazo de Lourizán no Salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra. Xornada na que participará a arquitecta gañadora do concurso para a súa rehabilitación, Carme Pinós.
Este conxunto histórico foi obxecto dun concurso no que participou o colexio para a rehabilitación e integración paisaxística dos elementos arquitectónicos que conforman este singular e coñecido recinto. Carles Enrich Studio e Carme Pinós foron a equipa gañadora, cunha proposta que integra os diferentes elementos a través dun xardín que equilibra natureza e arquitectura ao longo da intervención.
A xornada do venres afondará na importancia da Finca de Lourizán e o sector forestal en Galicia ao longo da nosa historia recente con profesionais de diferentes campos.
PROGRAMA
| 10:45 a 11:00 | Recepción de participantes |
| 11:00 a 11:10 | Apertura da xornada Alfredo Fernández Ríos. Director da Axencia Galega da Industria Forestal |
| 11:10 a 11:30 | Proceso de contratación da rehabilitación da Finca de Lourizán. Abelardo Nimo Silva. Director da Área de Innovación Forestal |
| 11:30 a 13:00 | Mesa Redonda “Historia e importancia da Finca de Lourizán, dende diferentes perspectivas” Modera: Gonzalo Piñeiro Veiras. Director de CIS-Madeira “A figura de Montero Ríos, o esplendor do Pazo de Lourizán” Ramón Villares Paz. Catedrático de Historia Contemporánea da USC “A importancia como BIC do Pazo de Lourizán” Manuel Chaín Pérez. Arquitecto Dirección Xeral de Patrimonio Cultural “O uso histórico da madeira como elemento estrutural, a súa evolución na transformación histórica do Pazo de Lourizán” Manuel C. Touza Vázquez, Azahara Soilán Cañas. Técnicos CIS-Madeira “A importancia da Finca de Lourizán no sector Forestal en Galicia” Enrique Martínez Chamorro. Director do CIF Lourizán “A Finca de Lourizán como recurso turístico” Carmen Pita Urgoiti. Directora de Promoción. Axencia Turismo de Galicia |
| 13:00 a 13:30 | Exposición do proxecto básico para a rehabilitación e cambios de uso na Finca de Lourizán. Carme Pinós Desplat. Arquitecta UTE PINÓS – ENRICH |
| 13:30 a 13:45 | Clausura institucional. Representante da Xunta de Galicia |
Ao finalizar o acto, servirase un petisco
INSCRICIÓN
Asistencia gratuíta previa inscrición ata completar aforo, no seguinte enlace: https://apunta.xunta.gal/gl/form/rehabilitacion-finca-lourizan
Teléfono de información: 881995476
