Mostra de Arquitectura Rural MARCO

23 Abr 2025

M.A.R.C.O. …é M.OSTRA, e propón EXPOSICIÓNS, ACTUACIÓNS, OBRADOIROS e CONVERSAS nos eidos da ARQUITECTURA, ESCULTURA, PINTURA, DANZA, MÚSICA, LITERATURA, CINE, FOTOGRAFÍA, ILUSTRACIÓN; …é A.RQUITECTURA, e expón exemplos de arquitectura a través da ruta de visitas a vivendas de Vedra “O MELLOR DE CADA CASA”; …é R.URAL , e está presente e mostrando o seu xeito de vida a través de todas as accións do festival; …é CO.BERTOS, construcións de aldea por excelencia, que acollerán as actividades;… é CO.PERACIÓN, como xeito de vida que se basea na participación comunitaria da veciñanza, visitantes, profesionais, curiosos,…; é CO.RELACIÓN, e intégrase dentro do PROGRAMA DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL do Concello de VEDRA.

DATAS: 09, 10, 11 de. MAIO

LOCALIZACIÓN: CONCELLO DE VEDRA;

Venres: Campo da Festa de San Pedro de Sarandón;
Sábado: Estación de Tren. De Santa Cruz de Ribadulla;
Domingo: Campo da Festa de San Fins de Sales

M.A.R.C.O.
PRETENDE MOVER OS “MARCOs”, é ACHEGAR A ARQUITECTURA Á XENTE.
O obxectivo principal da mostra é romper coa barreira que distancia a Arquitectura dos seus beneficiari@s, e trasladar a importancia desta no desenvolvemento social, recuperando a confianza na disciplina como axente configurador de cidades e pobos, contornas e paisaxes, espazos habitables; e, en definitiva, da calidade de vida das persoas.

M.A.R.C.O.
ENCADRA COMA UN “MARCO”, ao conxunto das “9 ARTES” sobre as que ARQUITECTURA exerce de NEXO COMÚN.
Acóllense as diferentes disciplinas creativas cun obxectivo de diálogo e conxunción entre todas elas. Dalgún xeito, a Arquitectura e as Artes xogan un papel de relevancia na transmisión dos valores culturais, históricos e sociais de cada comunidade. Integralas directamente na vida cotiá e que a xente sexa participe, é fundamental e necesario.

M.A.R.C.O.
DESENVÓLVESE NUN “ MARCO” natural e tradicional, cuxo fundamento e a POSTA EN VALOR DO RURAL.
Trata de exaltar as características propias da paisaxe, da arquitectura local e das dinámicas socio-culturais das aldeas; buscando a revalorización e a conservación do patrimonio construído e etnográfico, un desenvolvemento sostible e orgánico e, por suposto, a participación veciñal.

INSCRICIÓNS en Ruta da arquitectura e Obradoiros:

https://www.concellodevedra.es/en/content/mostra-de-arquitectura-rural-marco

ORGANIZA Estudio ELÓ; Concello de Vedra

Co patrocinio da Comisión de Cultura do COAG.

Compartir