Deputación da Coruña – Axudas do Plan de Emprego Local

23 Xan 2024

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL relativas á anualidade 2024:

  • PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  • PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  • PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.
  • PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As bases das axudas PEL 2024 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.11 do 15 de xaneiro de 2024 ou premendo na seguinte ligazón:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=15/01/2024

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde as 8.00 horas de 22 de xaneiro de 2024 ata as 14.00 horas do 22 de febreiro de 2024.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2024, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.

PLAN DE EMPREGO LOCAL

Compartir