Axudas XERA construción en madeira. Esgotado crédito

8 Nov 2022

Esgotado o crédito das subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Publicada no DOG de 13 de outubro a Resolución da Axencia Galega da Industria Forestal pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).


RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2022 pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G). DOG 08/10/2022


 

Estas subvencións están dirixidas á nova construción, rehabilitación ou reforma de edificacións, naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais e sempre que, cando menos, o 20% do orzamento de execución material do proxecto corresponda a produtos de madeira ou derivados da madeira (incluída a súa colocación). Estes serán utilizados cunha finalidade estrutural ou como sistemas de compartimentación, envolvente ou acabados. Exclúese para este cómputo o uso da madeira nas carpintarías, pavimentos e acabados interiores.

Están destinadas tanto pemes, persoas autónomas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, como a persoas físicas e serán subvencionables a redacción de proxectos e  a utilización de produtos de madeira en construción en vivendas e establecementos de negocio.

A convocatoria, dotada con 2,5M€, establece unha intensidade de axuda do 70% que poderá incrementarse nun 10% no caso de utilizar madeira galega con certificado PEFC ou FSC e, noutro 10%, se dispón da marca de garantía “Pino de Galicia”.

O prazo de solicitude de axudas estará aberto dende o 14/10/2022 ata o 15/11/2022.

Na sección de axudas da web da Axencia (https://xera.xunta.gal/a-axencia/axudas/axudas-2022), ten á súa disposición a convocatoria, unha guía resumo con exemplos por tipo de beneficiaio, así como unha circular interpretativa.

Pode accederse á NOTA DE PRENSA en relación a esta convocatoria.

Enlace ao DOG.

 

Compartir