Xornada de convivencia na Mariña – “A Mariña como palimpsesto”

29 Abr 2026

A Delegación de Lugo do COAG organiza a xornada de convivencia “A Mariña como palimpsesto” o vindeiro sábado 16 de maio, cun percorrido en tren FEVE entre Ribadeo e Viveiro, que permitirá achegarse á paisaxe e ao territorio desde unha lectura directa do mesmo.

Durante a xornada contaremos coa compañía da historiadora Herminia Pernas, quen achegará contexto e interpretación do territorio ao longo do percorrido.

PROGRAMA

  • 08:45 h – Saída dende o IES Masculino de Lugo
  • 10:15 h – Parada no aparcadoiro do Asador do Alba (Barreiros)
    Recollida de participantes que se incorporen aquí
    📍 https://maps.app.goo.gl/cmE1AakEgFNHkuM4A
  • 10:30 h – Saída cara Ribadeo
  • 11:15 h – Chegada á estación de FEVE en Ribadeo
  • 11:25 h – Saída en tren cara Viveiro
  • 12:45 h – Chegada a Viveiro
  • 14:00 h – Xantar no Asador by Jorla (Viveiro)
    📍 https://maps.app.goo.gl/KNw8dTSjZ8Zbyikn9

MENÚ (BEBIDA INCLUÍDA)

Entrantes a compartir: empanada, ensaladilla e mexillóns
Prato principal: táboa de carnes con patacas e ensalada
Sobremesa: variado de postres

PREZO

    • Colexiados/as: 25 €
    • Non colexiados/as: 30 €

REGRESO

  • 16:30 h – Recollida na estación de FEVE de Viveiro
  • 17:15 h – Parada no aparcadoiro do Asador do Alba (Barreiros)
    Descenso de participantes que se incorporaron aquí
  • 17:30 h – Saída cara Lugo
  • 19:00 h (aprox.) – Chegada ao IES Masculino de Lugo

Data límite de inscrición: martes 12 de maio ás 23:59 h.

As prazas son limitadas, asignándose por rigurosa orde de inscrición a través do seguinte FORMULARIO.

Compartir