O Concello de Lugo aprobou inicialmente a modificación non substancial da normativa e ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), Modificación puntual nº 5, por acordo plenario do 26 de marzo de 2026.
O anuncio de aprobación inicial foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 21 de abril de 2026, abríndose o correspondente período de información pública.
Durante este prazo, calquera colexiado ou colexiada interesada poderá examinar a documentación e formular alegacións ou achegas
Dende o COAG Lugo animamos ás persoas colexiadas a revisar o contido da modificación e, se procede, presentar as consideracións que estimen oportunas, dada a relevancia deste instrumento na regulación urbanística municipal. O prazo para remitir ao Colexio as consideracións e poder presentalas conxuntamente rematará o 15 de maio ás 14:00 horas.
Por último indícase que está previsto que, unha vez rematado o prazo, se organice unha reunión presencial na delegación de Lugo para valorar as aportacións recibidas. Os interesados en asistir a esa reunión, deberán indicalo expresamente no formulario para realizar aportacións.
Enlace para enviar as aportacións ao Colexio: https://forms.gle/
Consulta do anuncio:
https://www.xunta.gal/dog/
Publicación na pax do concello:
https://concellodelugo.gal/
