Dispoñibles as gravacións das xornadas “O territorio en Galicia. Presente e futuro”

12 Feb 2024

Están dispoñibles en CanalCOAG as gravacións das catro xornadas organizadas pola Delegación de Lugo baixo o título “O territorio en Galicia. Presente e futuro”, que tiveron lugar os pasados días 30 e 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, así como o debate electoral celebrado o 7 de febreiro.

O ciclo pretende incentivar a actitude crítica da cidadanía en relación co territorio e coa súa ordenación, mediante as numerosas leis que inciden sobre el. O territorio é un concepto ao que se recorre frecuentemente no discurso político, aínda que habitualmente sen afondar na transcendencia que a súa ordenación ten na vida cotiá dos cidadáns. O obxecto final destas xornadas é acadar conclusións que permitan unha valoración ecuánime do territorio de Galicia no presente ao mesmo tempo que unha visión prospectiva e formular cun sentido de futuro cara onde debería dirixirse a ordenación do territorio galego.

Compartir