Delegación de Lugo – Visita ás instalacións de Xilonor en Coirós, A Coruña o 13 de maio

16 Abr 2025

A INDUSTRIA DA MADEIRA
DESNATURALIZANDO O BOSQUE II  
(ou os TRANSFORMADOS DA MADEIRA)

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE
XILONOR  EN COIRÓS, A Coruña

Coa proposta de seguir coñecendo os procesos industriais na transformación da madeira, a delegación en Lugo do COAG organiza outra xornada para as súas colexiadas e colexiados coa visita ás instalacións da planta de XILONOR, empresa galega pioneira na produción de taboleiros CLT en Galicia, e situada  no  Polígono Industrial de Coirós; Km. 565 da N VI, en Pedrapartida de Coirós, A Coruña; o próximo día martes 13 de maio ás 11:30 h.

Nota: Un autocar trasladaranos aos interesados desde a nosa delegación con saída ás 10:15, e chegada de volta estimada ás 14:30 h no mesmo punto.

Para organizarnos mellor solicitamos inscrición previa nesta LIGAZÓN

O prazo para inscrición termina o 09 de maio ás 23:59h.

Compartir