O xoves 20 de febreiro ás 18:30, a delegación do COAG en Lugo organiza unha charla informativa en colaboración coa Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos ANMARQ sobre a profesión e a xubilación, motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man os cambios que poden afectar ao exercicio profesional e ao sistema de cotizacións.
Lugar: COAG Lugo, Puro Cora Xornalista, 1
Data: Xoves 20 de febreiro
Hora: 18:30
Non perdas esta ocasión para informarte e resolver dúbidas.
Agardámoste, a participación e asistencia é libre para os interesados, en especial os mutualistas da HNA.
Maís info no seguinte link: