A alcaldesa de Lugo recibe no Concello á presidenta da Delegación do COAG para abordar as inquedanzas do sector

0
Posted by / 12 mayo 2021 / Categories: Delegación Lugo, Publicada en Portada / -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Sostibilidade Urbana, Álvaro Santos, recibiu no Concello á presidenta da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Lugo, Carmen Figueiras.

No encontro Lara Méndez convidou ao colectivo a participar activamente na consulta pública para elaborar a nova Ordenanza de Licenzas urbanísticas.

Na xuntanza, programada con anterioridade, a representante do COAG tivo ocasión de trasladarlle aos integrantes do executivo local algunhas das principais inquedanzas do sector neste momento.

O encontro serviu tamén para que a rexedora e o concelleiro convidaran ao colectivo a participar na consulta pública que se levará a cabo para redactar unha nova ordenanza – presentada o día 10 de maio – reguladora da tramitación dos títulos habilitantes de obra e actividade no Concello de Lugo. Unha invitación que fixeron extensible ao resto de axentes sociais do municipio.

“Foi, sen dúbida, unha reunión moi frutífera, na que – ao igual que xa fixemos en anteriores ocasións – tivemos a oportunidade abordar as preocupacións profesionais das e dos arquitectos lucenses aos que, á súa vez, emprazamos a participar no proceso que vimos de abrir para a creación desta nova Ordenanza co fin de que nos trasladen as súas propostas para enriquecer o documento”, sinalou Lara Méndez.

Fonte: Concello de Lugo

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube