Atención colexial o martes 4 de marzo “Martes de Entroido”

3 Mar 2025

Atención presencial.

Infórmase que o vindeiro martes 4 de marzo, con motivo da festividade de Martes de Entroido, as oficinas colexiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial na Sede colexial e nas delegacións de Pontevedra, Santiago e Ferrol.

Atención telefónica.

Con motivo da festividade do Martes de Entroido, debido á redución de efectivos por mor do desfrute do festivo polo persoal, indicase que ese día non haberá servizo de atención telefónica.

Atención telemática.

Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro 4 de marzo o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

Lémbrase que, cando os colexiados desexan solicitar que se tramite con urxencia un expediente, poden solicitalo a través de COAGestudio ou da plataforma de consultas. Na plataforma de consultas, deberán realizar unha consulta de «visado» no seguinte ENLACE. Unha vez seleccionada esta modalidade de consulta, deberase seleccionar o tipo «Visado (expedientes)» e indicar o expediente concreto para o cal se desexa o trámite urxente, de este modo a consulta xerada será asignada directamente á persoa encargada de visar ese expediente.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, se poden realizar consultas sobre cuestións como:

No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Compartir