O vindeiro 8 de xuño, ás 20,00 horas, terá lugar no baixo cuberta do Colexio de Arquitectos en Santiago de Compostela, unha nova sesión do ciclo do Clube de Lectura Hai Mulleres, na que leremos o libro “As malas mulleres”, Premio Nacional de Narrativa 2022, xunto coa autora Marilar Aleixandre e contaremos coa compañía de Teresa Táboas que será quen dirixa a conversa xunto coa autora. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.
Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta. Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.
Esta actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.
Para asistir presencialmente, é precisa a inscrición a través do seguinte ENLACE.
Para seguir a sesión por Zoom, seguir este ENLACE.
Data: xoves 8 de xuño
Hora: 20:00 horas
Lugar: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana, 1. Baixo cuberta
15704 Santiago de Compostela
Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.