Club de Lectura Hai Mulleres – Zaida Muxí Martínez «Mujeres, casas y ciudades»

11 Xan 2023

O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 19,30 horas, terá lugar no baixo cuberta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago, unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Zaida Muxí Martínez sobre a súa obra “Mujeres, casas y ciudades”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.

O enlace para o acceso é o seguinte:

https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZEscOuurD8oH9RcT8N3sLcsbH_J_SXgWLXC

Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta. Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.

Esta actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura. Para asistir presencialmente, é precisa a inscrición a través do seguinte enlace: https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1007

Lugar: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana, 1. Baixo cuberta.
15704 Santiago de Compostela

Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.

Compartir