O vindeiro xoves 30 de xuño, de 16:30 a 19:30 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento gratuita para colexiados, en formato online, na que falaremos da identificación, diagnóstico e procedeso de desamiantado.
Para presentar a xornada acompañaranos Lucía Ferrón Vidán, Xefa de sección de Hixiene Industrial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
A xornada desenvolverase en dúas partes:
Unha primeira parte, impartida por Isaac López Izquierdo, cuio obxectivo será amosar a importancia da identificación e diagnóstico do amianto no noso ámbito profesional. Previamnete explicaranse os conceptos básicos e máis relevantes sobre este produto tan empregado no século pasado e que actualmente está a causar un gran problema de saúde pública no noso país.
Unha segunda parte, impartida por Manuel Pazo y Meijide, cuio obxectivo será o de definir as pautas para a selección dos procedementos de desamiantado tendo en conta o tipo de de material con amianto co que se pretende traballar, o seu estado de conservación e a súa disposición. Escoller os equipos de protección individual e colectiva idóneos para minimizar o risco de exposición. Establecer os controis e revisións, iniciais, durante a execución e finais que garantan un desamiantado de calidade conforme á norma UNE 171370-1: 2014.
Para tratar estas cuestións, contaremos con:
Isaac López Izquierdo
Enxeñeiro Xeólogo e especialista en amianto, Product Manager do departamento de amianto de Bureau Veritas.
Manuel Pazo y Meijide
Técnico Superior en Prevención de Riscos na Especialidade de Hixiene Industrial, Técnico habilitado pola BOHS para a identificación de materiais con amianto, Director Técnico da empresa Asbestho’s Gestión Desamiantados (AGD,S.L)
Lucía Ferrón Vidán
Doutora en bioloxía pola USC, Xefa de sección de Hixiene Industrial do Instituto de Seguridade e Súde Laboral de Galicia (ISSGA) dende o ano 2008, Membro do Grupo de Traballo de Amianto da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo dende o ano 2009, Coordinadora do Grupo técnico de traballo de amianto do CGSSL e colaboradora do grupo de traballo “Amianto” do comité técnico de normalización AEN/ CTN 171, “Calidad Ambiental en Interiores” de AENOR e coautora da publicación “Alerta ISSGA, puede haber amianto” (ano 2017).
- Exclusiva para arquitectos colexiados no COAG.
- Requírese inscrición previa no seguinte [+ enlace].