Xornada de asesoramento online “Principais modificacións introducidas recentemente polas leis 18/2021 e 7/2022, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, na regulación urbanística vixente.”

15 Abr 2023

O vindeiro mércores, día 26 de abril, ás 17:00, terá lugar unha xornada de asesoramento sobre as principais modificacións introducidas recentemente polas leis 18/2021 e 7/2022, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, na regulación urbanística vixente, principalmente na Lei 2/2016 do solo de Galicia e o seu Regulamento, e a Lei de Costas.

A xornada ten por obxecto expor e analizar ditas modificacións e as súas principais implicacións prácticas. En particular, analizaremos:

  • As infraccións e sancións no ámbito de aplicación da Lei de Costas.
  • O novo réxime das licenzas de obra. A solicitude con proxecto básico e a achega do proxecto de execución. As ECCOM.
  • O novo réxime da primeira ocupación por comunicación previa.
  • Os cambios introducidos en relación ás cesións.

Relatores:

  • Ignacio Soto González, Arquitecto municipal do Concello de Teo
  • José María Domínguez Branco, xefe do Servizo Disciplina Urbanística Concello de Vigo.

Programación:

  • Mércores, 26 de abril, de 17:00 a 20:00h.
  • On line.
  • Aforo limitado.
  • A xornada é exclusiva para colexiados subscritos ao servizo de formación. Requírese inscrición no seguinte [+ enlace]

Compartir