Desde a Xunta de Galicia informan da posta en marcha do programa Formación Dixital, unha iniciativa de formación online e gratuíta en competencias dixitais intermedias.
Este curso está aberto a toda a cidadanía maior de 14 anos que resida en España, non sendo necesario dispoñer de DNI español (pódese acceder tamén con NIE ou pasaporte).
Ademais, a formación pódese realizar tanto en galego como en castelán, segundo a preferencia de cada persoa.
Que beneficios ofrece o curso?
Mellorar o nivel dixital para acceder con máis facilidade a ofertas de emprego.
Aprender a realizar trámites coa Administración pública sen desprazamentos.
Adquirir competencias en internet e redes sociais de uso seguro e responsable.
Ampliar oportunidades profesionais mediante ferramentas dixitais.
Obter un diploma acreditativo oficial da Xunta de Galicia ao rematar cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.
Prepararse para a certificación galega en competencias dixitais (ComDix).
A inscrición é moi sinxela e realízase directamente a través da web:
formaciondixital.gal
