Curso Básico Online de Interpretación do Patrimonio – 24º edición

9 Abr 2021

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), acaba de abrir a inscrición para a súa 24ª edición deste Curso, dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse nesta disciplina: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, profesionais da educación ambiental, educadores e educadoras en xeral (formal e non formal), etc.

Con esta formación, desenvolvida a través da Aula Virtual do CEIDA, as persoas participantes poderán adquirir os coñecementos, destrezas e atitudes necesarias para empregar a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de comunicación, co fin de entregar información temática, organizada, relevante e amena ao público que visita os espazos con valor patrimonial no seu tempo de lecer, e fomentar así atitudes de aprezo e custodia polo patrimonio presentado.

O idioma dos materiais e recursos didácticos do curso están en galego e español, mais os exercicios e as comunicacións coas docentes, tamén poden realizarse en portugués.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-online-basico-de-interpretacion-do-patrimonio-2

Compartir