Este venres, 7 de novembro, ás 12:30 no salón de actos da EGAP, porase fin á edición 2024-2025 do Curso Superior de Técnico de Urbanismo, que o COAG organiza en colaboración coa EGAP.
A conferencia “Retos da rexeneración urbana no século XXI. Unha mirada internacional” será impartida pola Doutora arquitecta Sonia Freire Trigo, Vicedirectora de Educación, da Escola de Planificación Bartlett, do University College London, onde é directora do Master en Rexeneración Urbana.
A asistencia á conferencia estará aberta ao público ata esgotar a capacidade dispoñible. Para asistir, é necesario inscribirse na seguinte ligazón:
