Juan Manuel Ferreiro explica as novidades introducidas en CE3X 3.2 respecto á versión 2.3, para adaptarse aos novos requisitos normativos vixentes desde o 1 de outubro de 2026.
Repásanse os cambios nos datos xerais e na definición do edificio, as novas opcións de instalacións e a incorporación de sistemas de xeración renovable, ventilación e ventiladores. Tamén se explica a introdución de datos mensuais de produción e autoconsumo eléctrico, as modificacións na xeración de informes e o uso do complemento oficial para certificar edificios de nova construción, ampliacións e reformas.
[Novidades de HULC: versión do 17 de agosto de 2026]
Juan Manuel Ferreiro explica as novidades da versión de HULC do 17 de agosto de 2026, que incorpora cambios para adaptarse aos novos requirimentos normativos. Entre as principais novidades destaca a incorporación das Ferramentas CTE HE, que permiten integrar directamente no programa as medidas de mellora enerxética, sen necesidade de utilizar ferramentas externas.
Durante a presentación, amosa o procedemento para incorporar os arquivos XML do caso base e das medidas de mellora, completar os seus datos económicos e descritivos e xerar o XML conxunto para obter o PDF de certificación. Tamén explica os campos que deben cubrirse para evitar a marca de auga de «certificado incompleto» e as limitacións actuais da ferramenta, que non realiza a análise económica nin calcula automaticamente os prazos de amortización.
